Natalia nace en Ourense, onde crece feliz. A súa vida da un xiro inesperado cando descubre que tecer é una forma de vida chea de tradición e arte.
Despois de este descubrimento adica os seus esforzos a aprender e seguir aprendendo todo o que se relaciona có tear artesán e a creación de tecidos.
Da clases de teceduría cá artesá Pilar Vallejo en Santiago de Compostela. Amiga e maestra, Pilar ensínalle a tecer e a entender a filosofía dun traballo duro e fermoso.
Pertence á Asociación Galega de Artesáns (AGA), que a une a outros artesáns e a unha terra, a galega, que ten unha tradición e idiosincrasia que marcan o seu carácter e a súa forma de traballo.
Está disposta a mostrarlle a todo o que o desexe a grandeza do lento e laborioso traballo do artesán.